UTOPÍAS
Por Afonso Becerra de Becerreá
O Comando Dramatúrxico, para min, é unha utopía. E aí radica o problema, nun tempo onde a produtividade e o consumo son a tónica.
É unha utopía, por exemplo, escribir un texto (tecido) a dezaseis mans, que eramos as persoas que integramos a segunda edición do Comando Dramatúrxico en 2025. Porque sempre vai haber quen non queira, non poida, non lle apeteza, se esqueza ou lle pareza unha parvada etc.
É unha utopía, por exemplo, pensar nunha acción transversal a un festival de artes escénicas desafiantes, por iso se chama Escenas do Cambio. Acometida por un comando de persoas apaixonadas, que non só acompañan a programación e o(s) público(s), senón que tecen unha tea de araña con diversas accións, que nos atrapen e nos poidan facer vivir, con máis intensidade e aproveitamento, se cabe, a experiencia que nos propón o festival. Por que? Pois porque sempre vai haber persoas que non poden, que teñen medo a... meter a pata, facer o ridículo, pasarse da raia, interferir, dar o paso, atreverse... O medo. Ese si que non é utópico, ese campa as súas anchas. Pero nós somos destemidas!
É unha utopía facer, de xeito colaborativo, en equipo, unha dramaturxia dun festival: unha partitura de accións que trace camiños de sentido, sen pechar, abrindo, sen excluír, incluíndo... Por que? Porque para iso fai falta tempo e espazo e, ás veces, nun festival tan concentrado como este, non hai nin tempo nin espazo. E porque as persoas cada vez temos menos tempo para pensar, para facer, para vivir e tamén menos espazo mental-emocional. E menos espazos de confluencia. Porén, esa utopía alí estaba, latexando entre nós.
Un festival, polo xeral, consiste nunha programación de espectáculos, segundo unhas liñas temáticas e/ou estéticas e de modalidades escénicas (teatro, danza, circo, ópera, performance etc.), máis unhas actividades complementarias (debates sobre os espectáculos, cursos e obradoiros, exposicións, etc.) Pero ningún festival dos que eu coñezo posúe unha acción transversal de acompañamento e acción: o Comando Dramatúrxico.
Tiña que vir unha coreógrafa, bailarina, xestora e creadora como Kirenia, cubano-galega, formular, contando comigo, esta utopía.
Unha utopía que o é porque, como tal, só a vemos realizada en parte. Por iso é unha utopía e non unha realidade! Pero seguimos querendo ter e perseguir utopías!
E aquí van algunhas palabras dalgunhas persoas que integraron esa tentativa de utopía en 2025. Un poliedro incompleto, pero moi significativo e valioso á vez, de perspectivas sobre o XI festival Escenas do Cambio. Sempre vai ser un poliedro incompleto, queirámolo ou non.
RESUMIR
Por Diana Longa
Resumir é tremendamente complexo, sobre todo cando hai que falar de universos enteiros, inda que estes sexan pequenos. Iso era o que atopaba en cada un dos espectáculos programados no festival Escenas do Cambio, os universos de cada artista, unha realidade allea á miña, limitada pero infinita.
Sempre entendín a arte como un punto de encontro. O artista e o espectador buscan atoparse dalgún xeito, o un no outro. Unha rapaza branca e europea pode atoparse no emigrante brasileiro, e viceversa. Nestes espazos de encontro atopo eu a lostopía. Nestes espazos onde a arte permite que nos renovemos, dalgunha maneira.
Así saio do festival, descubrindo que hai de cada unha destas persoas dentro min, e así tamén ampliando o meu propio universo, pequeno, limitado, pero infinito.
DEFINIR
Por Mariana Rodrigo
Algo en la dificultad que sobrevoló a definir qué era el Comando Dramatúrxico de Escenas do cambio, me sedujo desde el inicio. Lo pienso ahora y me vuelve a pasar.
No encuentro dificultad personal en torno a esa definición, pero estuvo siempre en el aire. Supongo que el tema surge al intentar responder "qué es el comando dramatúrgico", a justo eso que tiene que ver con la variación que puede/debe tener cada comando en función de las personas que lo conformen, la coordinación con la que cuenten, los espectáculos con los que interactúen y el momento material que los encuentre a todos.
En cualquier caso, algo de ese "no saber" me resulta potente. Como el no saber del actor, la actriz, en escena, ese no saber que los coloca en el presente, ahí cuando la acción queda insatisfecha y logra esa acumulación de tensión, de deseo que como espectadores encontramos irresistible y nos convoca a seguir allí, asistiendo a la maravilla.
Aún en ese no saber, quisimos hacer muchas cosas.
Quisimos saber cómo se preparaban las artistas.
Quisimos ser sus cómplices.
Quisimos infiltrarnos en sus ensayos.
Quisimos preguntarles muchas cosas.
Quisimos profundizar, como cuando tuvimos ganas de preguntarles qué texto escribirían para hablar de su obra, en lugar de la sinopsis que figura en el programa de mano, si pudieran hacerlo con total honestidad, fuera de límites, caracteres y modos.
Quisimos hacer un recorrido presencial acompañando una propuesta virtual.
Quisimos hacer acciones que algunos llaman de mediación, otros de facilitación, otros de amplificación y que yo aun sigo en busca de identificar la diferencia.
Quisimos saber del público.
Quisimos arrancarlos de ese sitio un tanto tóxico en el que inconscientemente lo ubicamos tantas veces: como artistas, nada deseamos más que público, pero una vez los tenemos allí, ya nada nos vincula. ¿Qué hay, en el público, después del aplauso? ¿Querrían, las espectadoras, contarnos sensaciones sobre la obra que vieron, inmediatamente después de verla? ¿Necesitarían un tiempo de maceración? ¿Preferirían plasmar sus emociones en colores, collages, figuras, en lugar de en declaraciones? ¿Qué otra instancia tendríamos para conocer esas sensaciones, emociones, impresiones, reflexiones, del público fuera de esos momentos escasos que se ubican exactamente al terminar la función y duran hasta que encuentran la salida de la sala?
¿Quién es el público de Escenas do cambio? ¿A quiénes convoca esa propuesta?
Quisimos hacer muchas cosas.
Hicimos preguntas. A algunas artistas logramos preguntarles por qué seguían haciendo arte. Léase bien, no por qué lo hacían, sino por qué se empeñaban en seguir haciéndolo, pese o gracias a los contextos particulares de producción que no siempre resultan amables.
Motivos varios hicieron que no hiciéramos la mayoría de las cosas que queríamos a hacer.
Y en la distancia entre el deseo y lo (que fue o no fue) posible hay un aprendizaje que, al menos yo, encuentro muy valioso.
EXPERIENCIA
Por Celina Fernández Ponte
A miña experiencia con respecto a Escenas do cambio é unha experiencia segmentada. Rematei os estudos,marchei e non volvín ao Festival até este ano. Foi durante ese tempo académico unha apertura e respiro caraoutro lugar. Había algo rupturista e rebelde na estructura que, dalgún xeito, dábame ese gusto dedesobediencia tan necesario nunha alumna. Desobediencia que sempre perseguín pero da que poucas vecesfixen uso, a dicir verdade, e que me parece tan necesaria nas artes escénicas e na vida nestes tempos nos que,eu sinto, nos domina a ilustración e o correcto.
Foi a curiosidade de saber que era iso de “Comando Dramatúrxico” que me aparecía no Instagram aos poucos o que me levou a volver, a pararme e abrir a posibilidade de reconectar con Escenas do Cambio. Formar partedo Comando Dramatúrxico e observar a dramaturxia dos artistas antes e despois da actuar, do público dosector, da produción e das miñas compañeiras como axentes participantes e pensantes, supuxo un espelloonde mirarme reflectida e pensar en como colocarme-ou-recolocarme como artista-ou- traballadora cultural.
Nas Escenas do Cambio coidouse unha programación que, fóra do ámbito do gusto persoal ou das poéticas que máis lle toquen a cada quen, exerceu unha tensión en contra do mundo neoliberal e a “patoloxía do resultadoadecuado”, e fixo convivir o gran formato con outros mundos. Outros “non-mundos” como diría Mercedes Peón: procesos abertos, conferencias performativas, espectáculos baseados nunha dramaturxia de improvisación, creadoras que probaron a crear en formatos alleos ao seu proceder habitual, danzas que poden ser sons, artefactos-escultura, paseos en comunidade, prácticas e identidades disidentes…
Pódese construir un cambio nas artes escénicas e ocupar lugares facendo un uso do poder dende a dirección e dramaturxia sendo crítica coa cultura dominante. Pódense crear tensións entre o espazo institucional e unha práctica arriscada. Pódese, e ás veces esquecemos, que é unha das cousas que nos vén dicir a arte, que haique xogar co límite para descubrir que hai máis alá.
ESTÁS BEN ASÍ?
Por Alberte Alonso
¿Estás ben así?
Non sei se ese xogo de palabras resulta accesible para unha persoa non francófona, pero a verdade é que, en escena, os dous actores da compañía Fluctus, Kevin e Faustino, conseguían facer humor cunha idea que me fixo pensar inmediatamente nos vellos chistes sen gracia que me contaban de neno, sobre un francés que dicía Je ne comprends pas, e que, por obra dalgún fenómeno semántico inexplicable, de súpeto se encontraba falando de pan.
Esta pregunta, que non é literalmente a formulada no espectáculo, dilúese paseniño nos fumes da auga quente e no percorrido da historia, para a que constitúe, a penas, un preámbulo. Non obstante, penso que hai moito máis nela do que realmente parece; para min é, sen ningunha dúbida, a frase desta edición de Escenas do Cambio.
O xogo de palabras fai unha mestura coa sonoridade de “así”, que en galego quere dicir “desta maneira” e o termo francés “assis”, que se traduce por “sentado”. Desta reunión xorde un híbrido que nos interpela sobre o feito de estar ben sentados ou non, pero ao mesmo tempo, sobre se estar sentado é a postura correcta, a que debemos adoptar fronte a unha situación, e se, en tal disposición, estamos, ou nos sentimos, ben. Penso que dese xogo, en aparencia banal, nace unha interrogación fundamental da figura do espectador, e máis fronte á dureza dalgunhas imaxes propostas por Fluctus, sobre todo aquelas nas que os corpos sofren polo peso do outro. Non somos heroes, está claro, porque se o fósemos, talvez deberiamos ter interrompido esas accións (penso que a porta estivo sempre aberta a esta opción). Polo tanto, só podemos concluír que somos cómplices. Si, somos. E non só desa violencia, senón de todas aquelas formas de violencia, ou inxustiza, que pasan diante dos nosos ollos e fronte ás que non ofrecemos máis que a inacción. Coido que esa pregunta se deslizou no Festival para que, desde a nosa comodidade de espectadores de teatro, pensemos na nosa posición como espectadores sociais, e da mesma maneira que os autores nos ofrecían a oportunidade de actuar, ora cedendo un asento, ora dando a man para permitir un desprazamento, non soubemos estar á altura do desafío que se nos propoñía, como tantas outras veces nas que non o estamos fronte ás traxedias, desgraciadamente cotiás, escusándonos no feito de que os heroes son outros.
Por Diego Chamizo
Recordo con claridade a sensación do primeiro espectáculo do Escenas do Cambio ao que asistín. Chroma, unha peza do coreógrafo italiano Alessandro Sciarroni, onde xiraba sobre si mesmo durante corenta minutos mentres as luces proxectadas sobre o seu corpo creaban sombras sobre un linóleo branco, semellantes ás siluetas dos paxaros. A peza falaba das migracións das aves, pero tamén, e sobre todo, falaba do presente.
Aínda que pasaron xa oito anos daquela experiencia, permanece viva no meu corpo a emoción que me atravesou. Naquel momento, era estudante de Dirección e Dramaturxia na ESAD de Galiza, e sentín por vez primeira unha conexión profunda co que na nosa terra adoita chamarse “o teatro raro”. Aquel intre marcou un punto de inflexión na miña percepción das artes escénicas.
Este 2025 tiven a honra de formar parte do Comando Dramatúrxico do Escenas do Cambio, un proxecto ideado por Kirenia Martínez, actual directora artística do festival, e coordinado por Afonso Becerra. A edición deste ano, titulada Lostopía, artellou unha dramaturxia arredor de dezaseis espectáculos que reflexionaban, principalmente, sobre a identidade. Quizais aí resida a verdadeira esencia do Comando: a identidade individual ao servizo da construción dunha identidade colectiva. Para min, esta edición consistiu en tecer un relato común a partir de múltiples singularidades, porque só falando desde unha mesma, desde a propia individualidade, é posible achegarse ao común, ao compartido, ao global.
Ante todo, o Escenas do Cambio é un festival que acolle. Durante catro días, unha verdadeira troupe de persoas— que engloba público, traballadoras da Cidade da Cultura e artistas— conviven, comparten espazos e partillan experiencias. É un tempo vivido en comunidade, de aprendizaxe compartida, de cuestionamento.
Ano tras ano, esta cita convértese para min nun lugar imprescindible, non só pola calidade ou orixinalidade das propostas, nin polo calibre das creadoras que por aquí teñen pasado (Gisèle Vienne, Marta Pazos ou Tiago Rodrigues, entre outras), senón porque este é un espazo de relación, de acollemento, de representación, de risco.
É un espazo no que calquera, sexa público ou artista, experimenta unha mudanza. E a mudanza, o cambio, como ben sabemos, son o xermolo da transformación.
LABORATORIO
Por Laboratorio de Artes Vivas y Ciudadanía de Canarias. Beatriz Bello e Darío Bardam
LAV-C en el Comando Dramatuŕgico de Escenas do Cambio 2025
El LAV-C (Laboratorio de Artes Vivas y Ciudadanía de Canarias) participó por primera vez en el Comando Dramatúrgico del Festival Escenas do Cambio. Consideramos esta experiencia un espacio valioso de mediación entre la escena y el público, con gran potencial para activar nuevas formas de relacionarse con un festival y con las piezas que en ellas se disfrutan.
Muchos festivales a los que acudimos regularmente se presentan como espacios exclusivos de exhibición donde la distancia artista público se hace insalvable. Estos modelos, aunque igualmente legítimos, no favorecen el desarrollo de espacios de conocimiento mutuo que las artes vivas necesitan para su propia sostenibilidad.
Dispositivos como el de Comando Dramatúrgico actúan como vasos comunicantes entre personas, profesionales y no profesionales, interesadas en las artes escénicas y las artistas y sus piezas.
Agradecemos la invitación a participar y el espacio de diálogo compartido, lleno de resonancias, complicidades e interrogantes que invitan a seguir pensando en cómo mantener vivas las artes vivas desde espacios más democráticos y menos centrados en las lógicas del evento.
Larga vida al festival y al Comando.






